PLACIDO CASTRO: HUMANISTA, LIBERAL, COSMOPOLITA.

PLACIDO CASTRO: HUMANISTA, LIBERAL, COSMOPOLITA.

por XULIO RIOS PAREDES

A lingua galega, prohibida despois de 1939, escoitábase en Galicia ao sintonizar a emisora británica BBC na voz e a palabra de Plácido Castro, que relataba a nosa cultura no primeiro programa estable en idioma galego no mundo da radiodifusión. Castro foi un librepensador, dandi transterrado, dotado de múltiples cualidades dispersas (publicista, músico, escritor, político, xornalista, astrónomo, profesor de inglés...), levou a cabo unha determinante actividade na vida política e cultural do seu tempo.